Blogia
FRANC3S

Franc3s en "50 Anos de Pop, Rock e Malditismo Na Música Galega"

Franc3s en "50 Anos de Pop, Rock e Malditismo Na Música Galega"

"50 Anos de Pop, Rock e Malditismo Na Música Galega" é o título de libro que o ferrolán Fernando Fernández Rego editará en Toxosoutos este vindeiro mes de abril.

Fernando F. Rego é o administrador da web www.lafonoteca.net., unha potentísima base de datos sobre música española na que hai abondosa documentación tamén sobre a escena galega. Precisamente diso vai esta obra que se lanza en abril: o libro constitúe unha base de datos dos grupos imprescindibles da música galega dende os anos 60 do século pasado, coa súa biografía e discografía comentada. Nesa recopilación participan, ademais do autor, especialistas como Antonio de Los Cafres, Jesús Ordovás (o de Diario Pop), Emilio José, Xavier Valiño e outros.

   Sairá á venta cun dobre CD no que se inserirán cancións de Apeiro, Emilio José, Novedades Carminha, Triangulo de Amor Bizarro, Franc3s, Sevigny, The Homens, Quant, Roger de Flor, Niño y Pistola, Maryland, Igloo, Holywater e máis. O deseño do libro está feito por Pablo Portero.

    Fernando Fernández Rego é licenciado en Química e profesor de ensino secundario. Dende hai uns anos é administrador da web musical La Fonoteca,  ademais de colaborar con distintos medios tanto dixitais como impresos. O seu campo de batalla tamén abarca á literatura e no 2009 publica a súa primeira novela Desorden (Ediciones Oblicuas), un tratado de existencialismo post punk no que Joy Division se encarga da banda sonora.  Un ano despois sae á luz este "50 Anos de Pop, Rock e Malditismo na Música Galega".

0 comentarios