Blogia
FRANC3S

FRANC3S EN SONO-TONE

Aquí tenéis una nueva crítica de nuestra maqueta publicada en SONO-TONE, "a revista galega de música". De paso aprovechamos para recomendaros su web: www.sono-tone.net

NOVIDADES
Escrito por Vincent Jalo   
Venres, 23 de Marzo do 2007

fran3s

FRANC3S
Franc3s
(autoeditado, 2007)

Doulle ao play no Winamp e soa unha guitarra distorsionada, unha batería, un teclado e un “maquilladoras de cadáveres sacando a pasear en carritos de bebés por el centro comercial, sus intestinos al sol aún, quedan muchos por matar”. A primeira na fronte. Continúo a miña arriscada travesía pola demo destes insólitos coruñeses -coruñesas máis ben xa que son a única banda galega na que maioría dos seus membros son mulleres- e o nivel non baixa: “no le mires a los ojos, no le enseñes los dientes, estate atento y aprende, no te corras aún y si no arde lávalo con leche”, “tres segundos antes de explotar, dos segundos antes de explotar, un segundo antes de explotar, calma, atentado en una terraza de verano”. Espectacular. Vouna ter que escoitar un par de veces máis antes de seguir. Xa está, creo que xa podo.

Fran3s son un grupo orixinal os mires por onde os mires. Xa non só polas súas letras a medio camiño entre a transgresión e o surrealismo (emparentadas en certa maneira coas dos seus paisanos Triángulo de Amor Bizarro e incluso coas dos grovenses Lentejas los miércoles), tamén pola súa proposta formal, prescindindo do baixo e apostando por un son encantadoramente primitivo ao que colabora que a maqueta estea gravada -ou iso parece, non sei se voluntariamente- como se gravaron as demos de toda a vida, na máis absoluta precariedade técnica. Algo que sorprende nestes tempos nos que -felizmente- a maioría das demos soan a disco pero que no caso de Franc3s outorga certo encanto engadido ao seu son. De feito, xa que sairon antes a colación, as primeiras demos de Triángulo de Amor Bizarro non soaban moito mellor que esta maqueta de Franc3s polo que podemos poñernos o disfraz de Rappel e vaticinar que estas tres elementas, tamén seguidoras de Surfin' Bichos e derivados por certo, teñen o potencial de transformar o rudimentario son destas pedras sen tallar nunha colección de engaiolantes xoias pop filoruidistas. A sensibilidade que emanan temas coma 21:03 e melodías tan inmediatas coma as de Devuélveme el estómago que te regalé acreditan ese potencial sobradamente.

Só un consello final. Non ao grupo, que non o precisa -saben ben o que queren e como conseguilo-, máis ben aos que vos pasedes polo seu Myspace a botar unha escoita: que as árbores non vos oculten o bosque. Non deixedes que a pésima calidade da gravación vos impida escoitar cada tema o suficiente número de veces como para chegar á exquisita esencia pop que se agocha tras ese lo-fi extremo.



12 comentarios

Patuki -

seré la única que ha notado el cambio? cada día me siento más dentro del grupo :D

para saber cuanta gente bloguera viene al concierto de carballo, creo que es mejor que se haga una lista a golpe de comentarios, para controlar el espacio y distribuir a la gente por el suelo jeje

Samo coa xenreira enraísada no seu serebelo -

así que o día sinco non vindes a muros, e?

vale, vale, vale...

despois veñen as lájrimas e as lamentasións...


ajora en serio.

é unha lástima.

pero eu porei unha foto vosa no xeixo e mirareina coma quen que estades.

inda que estaredes resacosos en calquera sitio da xeojarsía jalleja.

saúde, pas e ska!

Yoli -

Ola. lembrades a aquela moza que ás veces continuaba as vosas historias trepidantes, ou pedíavos un final macabro...?
Mandeivos varios emails. Grazas por responder!
A verdade é que flipei co ben que tendes o espazo musical! uah! noraboa...
e cheguei aos miolos de esencias con aroma a Babilonias arrastrándose coma caracois Franc3srosados que esnaquizaron as arterias do malvivir. Morte amputada polas vosas voces, guitarras no concerto dese grupo que me liberou de pesadelos negros e infernais...
Unha aperta grande pra todas/o
Y ;-)

Samo -

boh!

non me amoledes...

o 5 quérovos alí como espetos! ou rodarán cabesas!

Patuki -

el concierto en Muros está difícil...
tocamos el día antes en Villalba y la noche va a ser larga!

osondaxordeira -

Non desterro....amigos
Non sei porque tiña mal o enlace. Xa o cambiei. Mirade se está correcto.

Agardo poder visitarvos nese concertazo, que o será, seguro.

un bico grande e xa sabedes onde estou.

Samo -

o cinco de maio estou aí.

lembrádemo para poñervos publisidá no meu cutreblog.

aúpa franc3s! aúpa suiss!

miguel -

o final apuntade: suiss e franc3s en directo no pub xeixo(louro) o dia 5 de maio (non pudo ser antes)
vemonos no concierto de carballo

maría franc3s -

si,asi me gusta, q te fijes!sk estaba cansada del color,y puse uno parecido pero,creo, mas chulo. y las letras d los comentarios las pase d azul a negro.el aburrimiento es lo q hace!
suerte en el simulacro!

Patuki -

eeeey! soy yo o has cambiado el color del fondo???
menos estresante para la vista, sin duda!
me voy a hacer el simulacro de las opos :S dios nos coja confesados mi ma!!! jajaja

Prosciutto Mourente -

Ei ei ei parabéns! :) Temos que falar um dia destes eh ;)

Patuki -

trago saliva...

respiro...

MI MÁ!!!!!!