Blogia
FRANC3S

crónica de la final 100 pipers publicada en sono-tone

crónica de la final 100 pipers publicada en sono-tone

O pasado 12 de xuño tivo lugar na compostelá Sala Capitol a final do primeiro concurso de maquetas galego organizado por 100 Pipers, un certame que -cos típicos fallos e acertos do que comeza- principiou unha andaina que agardamos non remate aqui polo ben da escena galega, tan orfa de apoios da iniciativa privada. Coma non podía ser doutro xeito -un fiel reflexo da heteroxeneidade da nosa escena- pouco tiñan que ver os finalistas entre si, vindo de universos musicais ben afastados e de seguro con públicos potenciais practicamente opostos, un feito que fixo que a labor do xurado fose máis complicada do habitual (...)

Abriron os gañadores da semifinal de Vigo, Gurumamut, unha banda de funk nada clásica que malia estar a nivel formal moito máis perto do Hip Hop -un DJ e un Writer fan parte da súa posta en escena- que dos fillos de Rage Against the Machine/Fishbone/Urban Dance Squad, aínda non se deron librado desa herdanza guitarreira que tanto confunde ao ouvinte.  O certo é que non lles viña mal afastarse desa influencias tan machucadas e tirar pola senda que marcaron bandas clásicas coma Talking Heads e Gang of Four ou máis actuais coma The Rapture ou !!!, cun funk muito menos queimado e máis críbel e vixente. En calquera caso, unha banda solvente que unicamente precisa dalgún single potente para enganchar definitivamente.

Tras os sons negros de Gurumamut chegou a vangarda sónica de Franc3s. Os sintetizadores espaciais de Patuki, a austera batería de María e a guitarra shoegaze de Alberto -pasada polos tropecentos pedais que inundaban o escenario aos seus pés- sustentaban as paisaxes noise sobre as que se construén os seus temas. Sen dúbida a proposta máis orixinal -e coma consecuencia con máis futuro- dos catro finalistas. Ás referencias evidentes de The Jesus & Mary Chain e os seus fillos manchegos Surfin' Bichos habería que engadir á máis grande banda francesa dos 90s, Diabologum, tanto pola querencia ruidista coma pola formación minimalista e atípica. De seguir asi non sería estraño ver a Franc3s na senda de Triángulo de Amor Bizarro nun par de anos.

Unha vez rematado o muro de feedback que deixaron Franc3s coma epílogo sairon ás táboas Baldosa Amarilla, unha formación con certa experiencia que aínda está por definir. Non é unha cuestión de técnica -son excelentes músicos- nen de imaxe- salvando o nome, tan trapalleiro- máis ben é unha indefinición no estilo e polo tanto do público ao que se queren dirixir. A herdanza do grunge e o nu-metal mestúrase cunha maneira de cantar que, por moi postmodernos que nos poñamos, non remata de encaixar coa música que practican. O estilo teatral e operístico de Bunbury pouco ten que ver coa base musical das cancións de Baldosa Amarilla, desorientando a calquera que se quera achegar á súa proposta. Unha xornada de reflexión no local de ensaio sobre a quen se queren parecer non lles viría nada mal porque coma músicos non hai queixa.

Finalmente sairon os novísimos Few Days Later, fillos espúreos de Bad Religion e Nofx, con unha voz moi especial e boas melodías. Exceptuando estilos esencialmente virtuosos coma o metal e o jazz, no resto da música popular o único que importa, o único que permanece co paso do tempo, son as cancións. E o talento para compoñer -asumámolo- non se adquire por moitas horas que tires practicando escalas. Few Days Later son músicos simplemente correctos pero demostraron que teñen ese talento e son capaces de facturar cancións que se poden recordar tras un par de escoitas, algo do que non todos os grupos poden fachendear. E moito menos tendo tan poucos anos coma eles.

Se este tivese sido un concurso de músicos, sen dúbida terían gañado Gurumamut ou Baldosa Amarilla, os máis solventes tecnicamente. E se esa escolla tivese sido unicamente por criterios de orixinalidade e risco, Franc3s terían sido os gañadores indiscutíbeis por goleada. Porén, nos concursos de maquetas hai outros factores a ter en conta e non sempre gañan “os mellores” no sentido estrito. A proba é que moitísimas bandas consagradas teñen comezado sendo simples finalistas ou semifinalistas de concursos semellantes. Ás veces é mellor quedar ás portas que entrar até á cociña. Aínda asi, neste caso calquera dos catro finalistas podía ter gañado. Agora só queda ver se Few Days Later aproveitan a oportunidade ou fican, coma moitos antes, no camiño.

 

http://www.sono-tone.net/

2 comentarios

dj puntos -

muy grandesen la capitol!!!

jevi bizarro anonimo XXI -

La primera vez que os vi os meti en el saco de bandas en el que estan apeiron, lentejas,viuda...y pense que molabais pero que no durariais mucho, por eso me alegro tantisimo del exito que estais teniendo.
la última vez que hable con alberto me dijo que estaba un poco arrepentido de presentarse a algun concurso.pero esta critica creo que hace que merezca la pena haberse presentado, poniendo a cada uno en su sitio.
ojala que salgan mas grupos como vosotros a la superficie.
nos vemos en agosto